A TETA DOS CONTOS
Quen somos?
Neste ano 2020 nace “A teta dos Contos”. Mulleres que levamos a paixón da arte para contar historias a través do teatro e a música. Durante anos traballamos en contacto coas crianzas en diferentes proxectos en solitario. Hoxe unímonos conxugando diferentes expresións artísticas para así transmitir a nosa mensaxe comprometidas cos valores que queremos apoiar e afianzar nas crianzas.
Espectáculo
• A loba Antea
• Obra de teatro en pequeno formato.
• Conto musicalizado e teatralizado mediante monicreques.
Sinopse
Nun tramo do camiño de Santiago de Compostela, no monte do Viso, atópase a protagonista do noso conto: ¡A loba Antea! Unha loba encargada de coidar o medio ambiente pero ademais diso... ¡é unha loba artista, acróbata e equilibrista! Antea atoparase con Sabela, unha nena dalí preto , xuntas aprenderán a reciclar e reutilizar o lixo. Desfrutarán dunha experiencia única facendo do noso monte un auténtico escenario de circo.
Destinatarias
Crianzas de 3 ata 7 anos. Público familiar.
Argumentación para este proxecto e obxectivos:
Con motivo do Ano Santo Xacobeo a historia do noso conto ocorre nun dos lugares no que fan parada a maioría das camiñantes e dende ondese pode divisar a cidade de Santiago de Compostela ca súa catedral.
Nesta historia pretendemos achegar ás crianzas a importancia do coidado dos nosos bosques e a posibilidade da reutilización e reciclaxe do lixo. Ademais disto a nosa protagonista ven sendo un dos animais que hoxe en día atópase en perigo de extinción. O feito de que apareza como coidadora do noso medio natural é tamén unha analoxía con respecto ó necesario que son tódalas especies na cadea de supervivencia e diversidade do medio.
En resumo, o conto engloba a idiosincrasia da nosa terra. Música, arquitectura, tradición, natureza e camiño.
Contratacións: [email protected]