LuscoFusco
  • QUÉN SOMOS
  • qué ofrecemos
    • espazos
    • UN DÍA NO NOSO ESPAZO
    • Actividades
  • INFORMACIÓN PARA PAIS
  • contacto
  • DIFUSIÓN
    • XUNTANZAS
  • QUÉN SOMOS
  • qué ofrecemos
    • espazos
    • UN DÍA NO NOSO ESPAZO
    • Actividades
  • INFORMACIÓN PARA PAIS
  • contacto
  • DIFUSIÓN
    • XUNTANZAS
Picture

QUÉN SOMOS

Lorena, Irupé, dúas persoas cun soño en común. 

Comezamos a nosa andaina en Oza, Teo, restaurando unha antiga escola unitaria pechada anos atrás. A nosa ilusión é recuperar a esencia dos antigos colexios rurais e ao mesmo tempo dinamizar a zona. 
Somos un novo concepto de espazo infantil no cal acompañamos aos nenos e nenas no desenvolvemento de todas as súas competencias cognitivas, motoras, emocionais, afectivas, interpersoais e intrapersonales a través do xogo, a convivencia e a experiencia. Todo iso, nun ambiente familiar coidadosamente preparado, situado nunha Contorna Natural.


¡Esta é a gran familia Luscofusco!

COÑECE O NOSO EQUIPO

LORENA

Picture

A  miña primeira infancia foi doce, rodeada de afecto e onde o xogo reinou no meu mundo infantil. Recordo que me encantaba facer realidade os contos que me contaban os maiores ou os que eu lía. Medrei  rodeada de libros e dun profundo amor pola lectura, que se respiraba no aire e que miña nai se encargaba de alimentar tan docemente día a día.

Xogaba con meus primos a xogos de mesa como o parchís, o xadrez, as damas, as cartas… e lembro cun cariño moi especial aqueles veráns na aldea, cos avós. Aínda me emociono ó pensar naquela natureza de campos verdes, o río onde nos bañabamos; esas bicicletas que circulaban perto dos escasos coches, sen mans libres, sen semáforos, sen ruídos …

Pasabamos a maoría do tempo ó aire libre xogando en pandilla, a xogos imaxinarios, inventados, ou ó pilla pilla, ó escondite, á comba, a ladróns e policías etc…

Pero, sobre todo, lembro a miña infancia como aquela etapa na que os días estaban envoltos en paz, harmonía, paciencia, onde non había presas, nen agobios, nen estrés, porque o tempo parecía transcorrer moi, moi, moi, lentamente.
​

O meu traballo en Lusco como educadora infantil é ofrecer  ós nosos nenos e nenas eso que eu vivín dende ben pequena,sempre  dende o respeto e o amor absoluto pola infancia.

IRUPÉ 

Picture

En Bos Aires o tempo transcorría moi lento e daba apertas de amor e tranquilidade. Os patíns e a bicicleta eran a miña diversión favorita para desfrutar das horas infinitas de xogo e liberdade no meu barrio de capital. Sempre en compaña de amigos que hoxe en día aínda conservo. 

O meu primeiro contacto coa escola foi na etapa de primaria, a cal recordo ademáis con moito agarimo e dozura. Pero non foi ata que fun nai, que descubrín a necesidade de saber máis sobre a educación, e só quería para os meus fillos unha primeira infancia de xogo. Por aquel entón, non había moitas alternativas á educación formal aquí en Galiza. Así que tomei a decisión de participar activamente no cambio educativo que quería: primeiro estudando Educación Infantil, e posteriormente participando na creación do que hoxe en día é Luscofusco.
​

Traballo co agasallo que me dan os nenos cada día, coas súas ensinanzas , os seus soños e as súas maravillosas aventuras.
​

CONTACTA CON NÓS

Email
luscofuscoespacioinfantil@gmail.com
Teléfono
698 157 259
Dirección
​​Agoso 32, Oza, 15886 Teo
A Coruña
Powered by Create your own unique website with customizable templates.