LuscoFusco
  • QUÉN SOMOS
  • qué ofrecemos
    • espazos
    • UN DÍA NO NOSO ESPAZO
    • Actividades
  • INFORMACIÓN PARA PAIS
  • contacto
  • DIFUSIÓN
    • XUNTANZAS
  • QUÉN SOMOS
  • qué ofrecemos
    • espazos
    • UN DÍA NO NOSO ESPAZO
    • Actividades
  • INFORMACIÓN PARA PAIS
  • contacto
  • DIFUSIÓN
    • XUNTANZAS

Un día no noso espazo

Apertura: Comezamos a mañá elixindo o espazo no que queremos estar xogando libremente (tanto no interior como no exterior) ata á hora da asemblea. 

Asemblea: Dámonos os bos días cunha canción, poñendo o día e o tempo que fai no noso calendario “especial”. Falamos de cómo nos sentimos e o porqué coa axuda dun emocionario. Comentamos qué queremos facer ó longo do día, cómo vai a ser a nosa xornada... Aprendemos a escoitar opinións e a decidir por nós mesmos. 

Almorzo: É o momento de compartir froita e froitos secos.

Actividade de libre elección: Cada neno e nena escolle os materiais e espazos onde quere estar. 


Neste momento da mañá pódense plantexar obradoiros froito dos intereses dos nenos ou dos acompañantes. Non son obrigatorios, e só participan aqueles que están interesados.

Temos outros obradoiros específicos programados para todo o curso: 
    •    cociña
    •    música 
    •    ciencias
    •    teatro
​

Comida: Cada familia trae a súa propia comida. O momento da comida é unha gran oportunidade para o diálogo, para que comenten os aspectos máis importantes do día, as dificultades, a relación cos amigos. Ademais é moi positivo que as crianzas axuden dende pequenos a poñer a mesa e recollela. ​Tamén compartimos pan que facemos cada día fresco nós mesmos.

Despedida e reencontro coas familias.
Picture
Powered by Create your own unique website with customizable templates.